07 09 2012
Santiago, 7 de setembro de 2012.- A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, organismo dependente da Consellería de Sanidade, recomendan aos bañistas lavar as picaduras de augamares con auga salgada. Debido a presenza de augamares nalgunhas praias, o Servizo galego de Saúde e Urxencias Sanitarias-061 quere transmitir a poboación unhas recomendacións no caso de sufrir unha picadura.
As augamares teñen unhas células que conten veleno que cando o liberaran a través dos tentáculos producen unha reacción alérxica local que provoca dor e picazón. A maioría das picaduras soen producirse nos brazos e pernas, onde se observa unha urticaria que ocasiona unha marca como a que produce un látego con pústulas que provocan unha dor intensa a nivel local onde se atopa a picadura. No caso de que o tentáculo quede introducido na pel a molestia pode ser maior. Todos estes síntomas poden variar dependendo da especie da augamar a cantidade da toxina inxectada, o peso e constitución da vítima ou presenza de alerxias ou enfermidades.
Como actuar ante unha picadura
No caso de sufrir una picadura dunha augamar lave a zona afectada con auga salgada, do mar preferentemente, a primeira vez. Non lave con auga doce, xa que se hai restos de augamar sobre a pel, aumentan os efectos da picadura.
Retire con pinzas se hai restos de augamar sobre a pel. A continuación aplique un lavado de auga e vinagre e despois somerxa a zona afectada en auga quente sobre os 40-45 grados, ou o que poida tolerar, durante uns 20 minutos. Ambas as dúas cousas inactiva o veleno.
No caso de aparezan síntomas xerais como dispnea, malestar ou mareo ou a picadura se producira nun neno, persoa anciá ou con problemas serios de saúde chame o 061, é importante lembrar que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 é un servizo que funciona as 24 horas, os 365 días do ano.
Por último, Urxencias Sanitarias recomenda previr as picaduras atendendo as indicacións dos socorristas e non bañarse na praias se hai presenza de augamares. Así como non deixar aos nenos xogar con elas nin tocalas aínda estean na beira varadas.