O SERGAS PUBLICA AS LISTAS DEFINITIVAS DE BAREMACIÓN DE SELECCIÓN TEMPORAL E PROMOCIÓN PROFESIONAL DA CATEGORÍA DE TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMERÍA
EnviarImprimir
MeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas
» Axuda
16 10 2013

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade ás listas definitivas -con orde de prelación e puntuación definitiva- da categoría de Técnico en coidados auxiliares de enfermería. 6.368 aspirantes foron admitidos nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nesta categoría.

 

A xeración de listas efectuouse coas persoas inscritas ata o 31 de outubro de 2012; os profesionais inscritos con posterioridade a esta data incluiranse na relación de admitidos do seguinte proceso de xeración automatizada que se efectúe na indicada categoría.

 
Os aspirantes inscritos poden consultar a través do sistema do expediente electrónico do profesional a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas, así como -de ser o caso- as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
 
Ademais, están a disposición das persoas interesadas as listas co número de orde de prelación e puntuación definitiva das persoas aspirantes admitidas nesta categoría na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

 

As listas entrarán en vigor con efectos do 21 de outubro de 2013, resultando de aplicación aos chamamentos que se efectúen a partir desta data as normas de xestión contidas no Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal aprobado por Resolución do 26 de abril de 2011.

 
Con esta xa son 16 as categorías con listas en funcionamento desde a posta en marcha do expedient-e. En próximas datas está prevista a publicación dos listados definitivos de admitidos e excluídos e a baremación provisional das categorías de Pediatra e Farmacéutico de Atención Primaria.

 

EnviarImprimir
MeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss