UN TOTAL DE OITO ACHEGAS DE PROFESIONAIS DA ÁREA SANITARIA DE FERROL NO CONGRESO NACIONAL DE ENFERMARÍA DERMATOLÓXICA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
22 05 2024
 

A Área Sanitaria de Ferrol participa moi activamente no encontro conxunto do XVII Congreso Nacional de Enfermaría Dermatolóxica, Dermoestética e Feridas e o I Simposio Iberoamericana de Coidados da pel que se celebra os días 23 e 24 de maio, en Santiago de Compostela. Os e as  profesionais desta Área presentan un total de oito traballos entre comunicacións tipo póster e orais; e o Comité Científico deste encontro nacional e internacional está presidido por un profesional tamén da Área. O lema é Coidar o pel, o camiño para a saúde.

Así, ó longo deses dous días, a Área ferrolá estará representada a través de diversos traballos: un caso clínico de dermatografismo sintomático ou urticaria facticia, que é un tipo de urticaria crónica; un traballo que revisa a literatura científica sobre a bipedestación prolongada como factor de risco de lesións dermatolóxicas no persoal de Enfermaría; e a investigación en coidados e tratamentos da pel a través dos 50 números da revista de Enfermaría Dermatolóxica editada pola Asociación ANEDIDIC (Asociación Nacional de Enfermaría Dermatolóxica para a investigación do deteriro da Integridade Cutánea).

Xunto con estes, a abordaxe dos rachos cutáneos dende a consulta de Enfermaría de Atención Primaria; Caso clínico de Lesión interfalánxica no pé dereito; Caso Clínico con abordaxe dos coidados de Enfermaría en Ferida Cirúrxica complexa por cancro epidermoide en seno maxilar; e Caso clínico Hematoma disecante en perna de paciente con alta complexidade, na consulta de Enfermaría de Atención Primaria. 

Por último, os e as profesionais deste ámbito na Área Sanitaria de Ferol presentan tamén unha comunicación oral sobre unha lesión en antebrazo, secundaria a fascite eosinofílica (síndrome inflamatorio esclerodermiforme) inducida por sobreesforzo, con afectación profunda de tecidos brandos.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde