A XUNTA ELOXIA AOS GALARDOADOS NA UNDÉCIMA EDICIÓN DOS PREMIOS DOWN COMPOSTELA PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
20 03 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, durante a undécima edición da Gala de Entrega dos Premios Down Compostela, que se celebrou na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down,  fixo fincapé na contribución dos galardoados e o valor destes premios para mellorar a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual, axudando á súa integración escolar, laboral e, sobre todo, social.

Neste sentido, o Servizo Galego de Saúde ten reservadas un número de prazas para persoas con discapacidade intelectual. A día de hoxe, traballan no Sergas máis dun cento de persoas con praza fixa entre as categorías de celador, Técnico en Cuidados Auxiliares de Enfermería (TCAE), pinche ou técnico de farmacia. Ademais, na convocatoria de 985 prazas que celebrou os seus exames o pasado novembro, 80 desas prazas teñen como destinatarias as persoas que sofren algún tipo de discapacidade. Para isto, a Xunta contou coa colaboración de asociacións como Down Galicia para adaptar os temarios e as probas selectivas.

“Quero expresar o meu agradecemento por organizar celebracións como esta, e por suposto felicitar aos premiados, polo seu importante labor, que fai visible e sensibiliza sobre a necesidade dunha maior integración e igualdade de oportunidades para todas as persoas, tamén para as persoas con síndrome de Down”, indicou Comesaña.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud