O CHUAC DESPIDE AOS 108 ESTUDIANTES DO ÚLTIMO CURSO DE MEDICINA QUE ESTIVERON ROTANDO POLAS SÚAS INSTALACIÓNS AO LONGO DO ÚLTIMO ANO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
09 05 2024

A calidade da docencia impartida e a formación e dedicación dos titores, as instalacións hospitalarias ou a avanzada tecnoloxía clínica e diagnóstica do CHUAC foron uns dos aspectos máis valorados polos alumnos á hora de elixir este centro hospitalario para completar a súa formación académica.

Este acto de despedida estivo presidido polo xerente, Luis Verde Remeseiro; pola xefa de estudos, Rosario López Rico; así como pola xefa de estudos de Medicina Familiar e Comunitaria, Nieves Domínguez; e por Juan Carlos Vázquez Barro, coordinador de Docencia Pregrao.

O xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde Remeseiro, agradeceulles que tivesen escollido os distintos centros asistenciais que forman parte da Área Sanitaria para completar esta importante etapa de formación, pois nestes “recibiron unha formación de alta calidade, cun equipo docente excepcional e cunha atención moi personaliza e integral”.

O rotatorio é a etapa final da carreira de medicina e cirurxía. Trátase dun conxunto de sinaturas totalmente prácticas que se cursan durante o sexto curso da carreira. Nelas, os alumnos incorpóranse ao hospital e centros de saúde que elixen e nos que realizan esta formación tutelados por facultativos do hospital -profesores asociados da universidade-, formándose en áreas como clínica médica, clínica cirúrxica, clínica obstétrico-xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica, rotación en medicina de familia e comunitaria, e rotación en urxencias, servizos centrais, etc.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud