A Xunta colabora coa Orde de Malta na asistencia sanitaria a peregrinos na Catedral de Santiago
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática del Sergas Lectura automática
» Axuda
.
06 06 2017

 

 
​A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asinou hoxe un acordo coa Soberana Orde de Malta coa fin de dotar da infraestrutura sanitaria necesaria para o seu funcionamento o posto de socorro da Orde no Claustro da Catedral. Esta colaboración manterase ao longo do verán deste ano e do próximo, dende o 1 de xullo ata o 30 de agosto, cando a afluencia de turistas e peregrinos é maior.
 
O acordo foi asinado hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e polo presidente da Asemblea Española da Orde de Malta, Jaime de Churruca y Azlor de Aragón.
 
Segundo se recolle nel, a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, como servizo encargado de prestar asistencia á urxencia e emerxencia no ámbito extrahospitalario, conveu facilitar os recursos necesarios para atender ás persoas que se acheguen ata a Catedral ao longo dos meses estivais.
 
Trátase dunha colaboración que xa se realizou en anos anteriores, especialmente nos anos xacobeos, nos que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 dispón de postos de asistencia sanitaria ao longo do Camiño de Santiago, na Catedral e no seu contorno. Neste sentido, cómpre sinalar que nos últimos anos a afluencia de peregrinos a Santiago experimentou un continuo auxe, chegando a acadar cifras máis elevadas que en anos xacobeos.
 
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 presta atención sanitaria ás urxencias e emerxencias sanitarias extrahopitalarias na Comunidade galega dende o ano 1998 e actualmente está considerado como o servizo sanitario mellor valorado pola cidadanía, obtendo os máis altos índices de valoración polos seus usuarios.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte con nosotros
rss