Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2023.- O grupo de investigación cardiovascular do Complexo
Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CardioCHUS) e do IDIS,
logrou por segundo ano consecutivo o primeiro posto entre os 40 grupos de maior
relevancia en investigación cardiovascular en España. “Somos firmes defensores
do labor vertebrador do CIBER, os seus estándares de calidade son moi altos e é
un orgullo que o noso grupo de investigación estea tan ben valorado”, sinalou José
Ramón González Juanatey, xefe de Servizo de Cardioloxía e UCC da Área Sanitaria
de Santiago de Compostela e Barbanza e líder do grupo de investigación.
O grupo
CardioCHUS está constituído por máis de 60 investigadores clínicos e traslacionais,
cuxas liñas abarcan a procura de novos modelos de atención sanitaria, a
incorporación de sistemas de intelixencia artificial para a axuda na toma de
decisións clínicas, a investigación clínica, a identificación de mecanismos
moleculares da enfermidade, o papel da xenética na orientación diagnóstica e
terapéutica ou a prevención da toxicidade cardíaca en pacientes con cancro,
entre outras. Ademais, o equipo de CardioCHUS é un referente no desenvolvemento
de ensaios clínicos desde as súas fases iniciais e coordina estudos de
investigación nacionais e internacionais.
Vinculado
á excelencia no seu labor asistencial, pero tamén investigadora no IDIS, o
Servizo de Cardioloxía e UCC do Hospital Clínico Universitario de Santiago de
Compostela foi recoñecido en varias ocasións co Premio BIC ao mellor Servizo
por calidade asistencial na atención a pacientes con enfermidades do corazón.
Mellorar a calidade e equidade no acceso ao sistema
sanitario
Desde
o equipo de traballo, insisten na necesidade de mellorar a calidade e o acceso
ao sistema sanitario. “A constitución do noso grupo de investigación respondeu
á necesidade de xerar coñecemento na nosa área de saúde, que impacta de forma
directa na nosa práctica clínica», explicou o xefe de cardioloxía.
Ademais,
sinalou que a investigación de primeiro nivel é fundamental para manter unha
actividade asistencial de gran calidade: «o éxito radica en conformar un equipo
humano, con perfís moi diversos que saiban complementarse e buscar as marxes de
mellora, persoas que día a día queiran contribuír a mellorar o sistema».
O
grupo CardioCHUS está integrado tamén no Instituto de Investigación Sanitaria
(IDIS) e o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades
Crónicas da Universidade de Santiago (CiMUS). «Contar co apoio do Servizo
Galego de Saúde, a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago e o
propio CIBERCV, resulta fundamental para alcanzar este tipo de éxitos”», en
palabras de Juanatey.
Con
este recoñecemento, o Instituto de Saúde Carlos III a través das súas áreas
CIBER busca impulsar a investigación biomédica de excelencia promovendo grandes
estudos colaborativos de ámbito nacional e internacional, que acheguen
resultados sólidos, transferibles e cun marcado retorno á sociedade.
Comprometidos
co labor docente e investigador
O
grupo CardioCHUS conta cun gran número de profesionais que compaxina o seu
labor asistencial coa docencia e a investigación na Universidade de Santiago de
Compostela e no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). “Temos
o privilexio e responsabilidade de contribuír en dous dos piares fundamentais
do sistema público, sanidade e educación», sinala o xefe de cardioloxía e
investigador do IDIS José Ramón Juanatey, «é importante que a sociedade coñeza
que máis aló da actividade asistencial, que é o noso principal obxectivo, hai
moitas horas de traballo e dedicación para xerar coñecemento e alcanzar este
tipo de fitos».
O
doutor insiste na necesidade de formar novos investigadores cunhas boas
condicións laborais: «se queremos que as futuras xeracións persigan a mellora
do sistema, o elevado esforzo que conleva a actividade investigadora ten que
verse recompensada na carreira profesional, tanto do persoal asistencial como
do investigador».
Sobre o IDIS
O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de
Compostela (IDIS) nace en 2008 froito da colaboración entre a Área Sanitaria de
Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a Universidade de Santiago de
Compostela. Como eixo da investigación sanitaria galega, está acreditado polo
Instituto de Saúde Carlos III xa dende o 2010. O seu obxectivo é identificar e
desenvolver novas solucións que dean resposta aos problemas de saúde da
sociedade. Cun equipo de 1213 investigadores, 106 grupos de investigación, 43,5
M€ de fondos captados no último ano, ol IDIS contribúe co seu labor a
incrementar o coñecemento da saúde e á consolidación da innovación no sector
sanitario.
Saúdos,