​O 061 DE GALICIA ASISTIU 52 PERSOAS POR 46 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
15 04 2024

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 52 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 12 de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 14 de abril. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 52 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 78% e do 23% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 37% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

15

Lugo

4

Ourense

6

Pontevedra

21

Galicia

46


Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 50. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en cinco accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 41 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres accidentes.

En 38 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 10 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e catro persoas faleceron no punto.

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde