Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
63
persoas debido a 53
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 19
de abril, ata as 23,59 horas do domingo, 21
de abril. O domingo
foi o día que rexistrou máis sinistros, con 21
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 70
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 53
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 63
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67%
e do 33%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase
que o 39%
dos atendidos tiña entre 40
e 54
anos.
Por provincias, Pontevedra foi
a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante
os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
20
|
Lugo
|
6
|
Ourense
|
4
|
Pontevedra
|
23
|
Galicia
|
53
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 64.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron
en oito
accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico
asistiron en 52
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro
accidentes.
En
51
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 11
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha
persoa faleceu
no punto.