Con motivo do acto de benvida da nova
promoción de residentes que tivo lugar esta mañá, Luis Verde Remeseiro, xerente
da Área Sanitaria da Coruña e Cee, suliñou “a
importancia que para os centros sanitarios supón a incorporación de novos
profesionais en formación que estimulan aos propios integrantes da institución
a manterse actualizados, transmitindo as súas experiencias para seguir formando
especialistas de recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional”.
Ademais de destacar que “entre todos
intentaremos formar aos mellores profesionais e para iso ofrecémosvos a
oportunidade de vos iniciar e progresar na investigación, xa que contamos con
grupos consolidados de excelencia en liñas relacionadas coas enfermidades máis
prevalentes, pero tamén as minoritarias. Aquí teredes a oportunidade de
desenvolver o voso labor no eido da investigación biosanitaria. Unha
organización ou un profesional que non investiga, que non se plantexa
preguntas, está abocado a estancarse”.
Ao acto asistiron, ademais do Xerente da Área Sanitaria
da Coruña e Cee, o equipo directivo e todo o persoal facultativo dos centros
dependentes.
A nova promoción componse dun total
de 129 residentes (68 prazas de medicina hospitalaria, 39 prazas de medicina
familiar, 22 prazas de enfermería, 2 de farmacia, 2 de psicoloxía, 1 de
microbioloxía e 1 de química) que se distribuirán polos hospitais Universitario
A Coruña, Teresa Herrera, Marítimo de Oza, Abente y Lago e os centros de saúde
Os futuros especialistas elixiron este centro sanitario
pola súa calidade asistencial, contrastada nacional e internacionalmente
nalgunhas áreas, á que se suma o renovado interese pola actividade
investigadora, facilitando o acceso dos seus residentes á carreira académica
mediante os programas de terceiro ciclo, as novas liñas de investigación en
ciencias biomédicas e completando a súa formación coa programación de cursos de
materias médicas.