A CONSELLERÍA DE SANIDADE DESTACA O VALOR DOS PROFESIONAIS DA ENFERMERÍA NA ATENCIÓN DIRECTA COS PACIENTES
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
10 05 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reuniuse esta tarde coas responsables dos catro Colexios Oficiais de Enfermaría das provincias galegas que representan a profesionais que están en contacto directo cos pacientes.

A esta primeira xuntanza celebrada no Edificio Administrativo de San Lázaro, asistiron tamén a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva Tojo; e a directora xeral de Recursos Humanos, Mar Pousa Cobas.

Por parte dos colexios profesionais, participaron a presidenta do Colexio Oficiais de Enfermaría da Coruña, Inés López Carral; a presidenta en funcións de Lugo, Lourdes Bermello López, e a presidenta electa de Lugo, Eva Gómez Fernández; a presidenta de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo; e a vicepresidenta de Pontevedra, María Sol Montenegro. 

No encontro, Gómez Caamaño destacou o papel do persoal de enfermería nas distintas campañas de vacinación ao contribuír ao éxito da sanidade pública galega como líder nacional en coberturas vacinais. Así mesmo, o titular da carteira sanitaria do Goberno galego trasladou a prioridade que marcará ao coidado de quen coida dos pacientes. 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneame
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde