Almuiña destaca o momento histórico que está a vivir a profesión de enfermería
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
08 09 2017

 

​O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou na apertura do Curso da Escola Universitaria de Enfermería do Hospital Meixoeiro que este é un momento histórico para a enfermería; xa que se están a desenvolver acontecementos longamente esperados polos profesionais, como o título de Grao Universitario ou o  desenvolvemento de especialidades que xa son unha realidade e que posibilitan o acceso a estudos de Mestrado e Doutoramento.
 
Isto trae consigo, remarcou Almuiña, un grande avance, porque non só incorpora unha mellor formación, senón que tamén permite para a Enfermería adquirir unha maior capacitación e, por conseguinte, alcanzar cotas máis altas na calidade dos coidados que se ofertan á cidadanía e noutras áreas de coñecemento como é a investigación propia de toda disciplina científica.
 
Nun contexto marcado pola continua transformación do sistema sanitario nunca se debe perder de vista aos verdadeiros protagonistas, os pacientes, pois son eles o verdadeiro obxectivo e o eixo do sistema, subliñou o titular da carteira sanitaria do Goberno galego.
 
Tamén destacou o conselleiro o importante papel dos profesores da Escola Universitaria de Enfermería como formadores de futuros profesionais da sanidade, non só transmitindo coñecementos teóricos ou técnicos, senón tamén en valores imprescindibles para levar a cabo esta profesión. Son eles, dixo, os que axudarán aos estudantes a adquirir os coñecementos, as habilidades e actitudes necesarias para desenvolver o papel que a sociedade demanda e o traballo que a organización sanitaria necesita.
 
No acto estiveron presentes, así mesmo, o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada, Félix Rubial; a directora de procesos de Enfermería, Pilar Reza; e a directora da Escola Universitaria de Enfermería do Meixoeiro, Victoria Lojo.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss