O conselleiro de Sanidade presenta o plan de reforma do centro de saúde da Illa de Arousa
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
02 10 2017

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou hoxe o centro de saúde da Illa de Arousa para presentar o plan de reforma das instalacións do centro. Estas obras son o resultado dun acordo asinado entre a Consellería de Sanidad e o Concello da Illa de Arousa para mellorar as condicións de accesibilidade do centro de saúde e favorecer unha maior independencia funcional dos actuais usuarios. Na actualidade 4.675 persoas reciben asistencia de atención primaria neste centro.

A superficie da que dispón o centro de saúde é de 402,57 metros cadrados As obras suporán a intervención nun total de 346,67 metros cadrados construídos entre mellora e ampliación. Tras esta mellora, o centro aumentará a súa superficie ata alcanzar os 532,10 metros cadrados. A Consellería prevé licitar o proxecto en outubro e terá un orzamento de 412.946,36 euros
 
A día de hoxe  o centro de saúde comparte edificio e accesos coas oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) e unha cafetería que non está en funcionamento. Con estas obras preténdese dotar ao centro de saúde dun acceso independente ao do ISM e anexionar a cafetería para poder ampliar as instalacións. Para isto, se construirán novas escaleiras e se vai instalar un ascensor. Ademais dos cambios de distribución necesarios para a reorganización de espazos como consecuencia da ampliación e as correspondentes melloras de revestimentos, iluminación e carpinterías, haberá intervencións nas fachadas. Estas intervencións teñen como obxectivo adecuarse a nova distribución interna, garantir a privacidade das consultas  e mellorarán o comportamento térmico do edificio, grazas a substitución de toda a carpintería.

 

Acompañaron ao conselleiro nesta visita Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, xerente do Servizo Galego de Saúde e María Jesús Piñeiro Bello, directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, xunto a José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra. Por parte do concello acudiu Carlos Iglesias Cores, alcalde do Concello da Illa de Arousa.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte Connosco
rss