Máis de 5.000 persoas beneficiáronse do traballo das unidades de Hospitalización a Domicilio do Sergas
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
06 10 2017
 
“As unidades de Hospitalización a Domicilio teñen unha longa traxectoria en Galicia, xa que a primeira naceu en 1987 en A Coruña, xa hai 30 anos. Pese ás dificultades que nos atopamos no comezo para poñer en marcha a hospitalización a domicilio, hoxe en día existe un equipo en cada un dos 14 hospitais públicos dependentes do Sergas”. No ano 2016, máis de 5.000 persoas puideron beneficiarse deste servizo, e ata agosto deste ano, xa foron máis de 4.000. Así o remarcou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, no acto de inauguración das VI Xornadas Galegas da Sociedade Galega de Hospitalización a Domicilio.
 
Somos conscientes, -dixo o conselleiro-, “que as persoas maiores, e os pacientes en fase de paliativos ou con patoloxías crónicas, prefiren estar no seu fogar e acompañados polos seus familiares”.
 
Para Almuiña, “a hospitalización a domicilio realiza dúas funcións que son complementarias, por unha parte reducir ou substituír a estadía hospitalaria do paciente cando sexa posible e estea conforme e, por outra, previr novos ingresos ao diagnosticar e tratar episodios directamente no domicilio”.
 
Entre as vantaxes deste tipo de hospitalización, o conselleiro citou “a mellor satisfacción do paciente; a súa participación e implicación e da súa familia nos coidados médicos; a mellor evolución da enfermidade; a maior humanización da asistencia; a diminución de casos de dependencia do hospital; a desaparición das infeccións intrahospitalarias; e mesmo, a diminución da frecuencia das visitas a urxencias”.

 

O titular da carteira sanitaria remarcou que, dentro da hospitalización a domicilio, “estase a vivir unha modernización dos métodos de traballo, realizando novas formas de atención aos pacientes no domicilio, como por exemplo o hospital na casa, que consiste en desenvolver unha canle bidireccional de comunicación entre o servizo de saúde e o paciente, para achegar a este recordatorios de autocoidados e boas prácticas e autocontrol de parámetros biomédicos”.
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss