A Xerencia sanitaria de Santiago únese á celebración do Día do Ictus colaborando na visibilización dos síntomas e dos fatores de risco
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
29 10 2018

Santiago, 29 de outubro de 2018.- Hoxe celébrase o Día Mundial do Ictus e como cada ano a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago quere sumarse a este chamamento para dar visibilidade a esta enfermidade e colaborar na divulgación da súa importancia, tratamento, síntomas e factores de risco.

 

Así,a xerente da XXIS Eloína Núñez e Susana Arias, responsable da Unidade de Ictus da Área sanitaria de Santiago, visitaron a mesa informativa que a asociación de Dano Cerebral Sarela instalou na entrada do hospital Clínico.
Cada 6 minutos o Ictus mata a unha persoa en España. Cada ano arredor de 130.000 españois sofre un ictus, sendo a segunda causa de mortalidade en España, a primeira en mulleres. Segundo as estimacións un terzo dos doentes que sofre un ictus falece e outro sufrirá discapacidade, o que lle impedirá valerse por si mesmo. É a primeira causa de discapacidade en idade adulta e a segunda causa de demencia.
No ano 2017, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ingresaron 572 pacientes con ictus (482 con ictus isquémicos e 90 hemorraxias cerebrais). Grazas á existencia da unidade do Ictus, o 42% dos doentes que acudiron a Urxencias aqueixados con ictus (987 en total) puideron ser dados de alta desde o propio servizo de urxencias. O equipo multidisciplinar permitíu realizar o estudo diagnóstico completo que revelou con garantías que a súa situación clínica o permitía.
O tratamento do ictus require de persoal especializado e adestrado, os doentes con ictus isquémico e que acoden aos servizos de urxencias nas primeiras catro horas e media tralos primeiros síntomas poden beneficiarse dos tratamentos máis eficaces e específicos para esta doenza. Así, unha das técnicas complexas que están revelando gran eficacia nestes casos seleccionados é a revascularización endovascular. En Santiago practicáronse neste período 77 fibrinólises intravenosas (rtPA) e 43 técnicas de revascularización endovascular (trombectomía mecánica).
Existen diferentes técnicas de revascularización endovascular que inclúen a trombectomía mecánica (disrupción e/ou extracción do trombo mediante o emprego de diferentes dispositivos) e técnicas combinadas (adminsitración de fibrinolíticos en veciñanza do trombo). Todas elas poden asociarse como técnicas de rescate tras a fibrinolise intravenosa, conseguindo maiores taxas de recanalización arterial, o que mellora a recuperación funcional dos pacientes.
Teleictus.
O Hospital Clínico Universitario de Santiago é un dos centros de atención ao ictus de Galicia, é foi o primeiro en contar cunha unidade específica para esta patoloxía. Foi tamén pioneiro en ter unha unidade de atención as 24 horas e é líder no tratamento e investigación do ictus en Galicia.
O ano pasado nas 150 gardas como centro de atención ao ictus activáronse no HCU máis de 140 códigos ictus resultando 40 fibrinolise intravenosas e 32 tombectomías.

 

 
 
 

 



Saúdos

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss